Ready?
Are you ready??
Let's go!
En obras
Como vedes aínda cotinúo cas obras. Pouco a pouco a pouco vanse incorporando vínculos e páxinas novas a este blog, pero é un traballo que leva tempo, pois sempre xurde algo novo que sumar á páxina. Publico esta entrada máis que nada para que non pareza que isto é un blog morto, deses que se crean e que nunca máis se volve a eles.
Declaración de intencións
Este blog xurde como un blog de aula, un blog de axuda na docencia.
Nel recolleranse unha serie de axudas ás que os meus alumn@s ou compañeir@s podan aceder de forma rápida e sinxela.
O que pretendo é a introducción das novas tecnoloxías na aula, de maneira que estas faciliten o proceso de ensino-aprendizaxe pero sobre todo que non o fagan tan soporífero. Todas as axudas que aquí se recollen teñen pois como fin a motivación dos alumnos e a participación activa destes.
Tanto os contos interactivos, os cortos, os xogos..., son pois unha ferramenta máis que os convertiran en "active learners" e contribuiran ó seu enriquecemento tanto a nivel lingüístico como cultural.
Espero pois que vos sirva de axuda a todos e que o disfrutedes tanto como eu facéndoo.

