Blogia
Martina's World

Declaración de intencións

Este blog xurde como un blog de aula, un blog de axuda na docencia.

Nel recolleranse unha serie de axudas ás que os meus alumn@s ou compañeir@s podan aceder de forma rápida e sinxela.

O que pretendo é a introducción das novas tecnoloxías na aula, de maneira que estas faciliten o proceso de ensino-aprendizaxe pero sobre todo que non o fagan tan soporífero. Todas as axudas que aquí se recollen teñen pois como fin a motivación dos alumnos e a participación activa destes.

Tanto os contos interactivos, os cortos, os xogos..., son pois unha ferramenta máis que os convertiran en "active learners" e contribuiran ó seu enriquecemento tanto a nivel lingüístico como cultural.

Espero pois que vos sirva de axuda a todos e que o disfrutedes tanto como eu facéndoo.

0 comentarios